axeitos &Co é unha empresa especializada en rotulación e impresión dixital gran formato. A nosa experiencia remóntase aos 80´s, cando se rotulaba a man e con máis ilusión que medios.

 

Actualmente contamos con tecnoloxía de última xeración que nos permite producir impresións de alta definición, duradeiras e respectuosas co medio.

 

O noso obxectivo é a satisfacción do cliente, por iso somos minuciosos en cada fase do traballo e estritos cos prazos de entrega.

 

Cremos no traballo ben feito e reflectímolo en cada un dos nosos proxectos.